
- Este evento ha pasado.
Cine – 9 fugas
25 de mayo, 2022 - 18:00

O Club Cultural Valle-Inclán pecha as «Sesións de Filmoteca» do mes de maio coa proxección do filme galego 9 fugas, de Fon Cortizo, en colaboración coa Filmoteca de Galicia – CGAI e segundo convenio asinado coa AGADIC, Axencia Galega das Industrias Culturais.
Fon Cortizo establece neste filme, premiado á mellor película (ex-aequo) no Festival de Xixón 2020, unha exploración fílmica magnética. Con atracción por personaxes singulares e polos xogos coa estrutura do relato, elabora unha narración embebida de mar, sorprendente e misteriosa.
VOG
Mércores, 25 de maio, Salón de Actos da Casa do Saber, en sesión de 18:00 horas.
Película que conta con unha axuda da AGADIC. Entrada libre e de balde.
Iniciada a sesión non se permitirá o acceso á sala.