
- Este evento ha pasado.
Cine ao aire libre – ‘Glengarry Glen Ross’
28 de junio - 22:30

Cine ao aire libre – ‘Glengarry Glen Ross’
O CEI Nodus acollerá este martes, ás 22.30 horas, a primeira proxección do ciclo de ‘Cine ao aire libre’, con películas inspiradoras para emprendedores.
O ciclo, que terá entrada gratuíta ata completar un aforo de 50 persoas, comezará coa película ‘Glengarry Glen Ross’.
Continuará o 12 de xullo, con ‘Margin Call’, o 9 de agosto con ‘En busca de la felicidad’, e rematará o 23 de agosto con ‘Abuelos’.
Estas tres últimas proxeccións terán lugar, ás 22.30 horas, no viveiro da Tinería.
Glengarry Glen Ross (Éxito a calquera prezo)
Película dramática estadounidense de 1992, dirixida por James Foley e baseada na obra de teatro homónima de David Mamet, quen tamén escribiu o guión.
Nunha empresa inmobiliaria de Chicago, lánzase un reto: o mellor vendedor/a será recompensado cun Cadillac, o segundo máis eficiente cun xogo de coitelos, e o/a que menos venda será despedido/a.
As persoas vendedoras empezan a tenderse trampas e a pensar no xeito de vender ao menos de evitar ser o peor vendedor/a.