
- Este evento ha pasado.
Cine – Berfin
30 de marzo - 18:00

Cine – Berfin
O Club Cultural Valle-Inclán, en colaboración coa Comuna de Cine de Rojava, proxecta un pequeno ciclo que se desenvolverá en dúas sesións, en VOSE.
Día 30 de marzo: Berfin, de Özlem Arzeba. 2019 -73 min
Berfin es una pieza de cine de mujeres tanto en la producción como en su perspectiva: la directora, las protagonistas y el equipo técnico y artístico son mayoritariamente mujeres.
La producción, el guión, las protagonistas y el relato de Berfin se tejen alrededor de las mujeres, haciendo hincapié en el trabajo común y la solidaridad entre mujeres detrás y delante de las cámaras.
Berfín é unha rapaza que se une á guerrilla despois de crecer nunha rexión curda en guerra. A súa historia é unha homenaxe á resistencia das nais e unha realidade próxima para moitas das guerrilleiras máis novas do Curdistán. O relato que recolle o filme ten moitos paralelismos coas vidas das actrices que dan vida aos personaxes. Idioma orixinal: Curdo. VOS
Día 6 de abril: Curtas, Fogar, Despois da guerra, Sombras das montañas Curdas e Amor en tempo de xenocidio.
Salón de Actos da Casa do Saber, 18:00 horas.
Entrada libre e de balde.
O día 30 contaremos coa presencia de Olmo Couto, coñecedor da cultura rojava, para achegarnos a esta mostra que se inicia en Lugo, de xeito itinerante, e continuará por outros puntos da xeografía española.
Cine de Rojava (Komîna Fîlm a Rojava) é un colectivo creado no 2015 por cineastas locais e partidarios da revolución en Rojava, no norte de Siria, centrado na educación, produción e exhibición cinematográfica.
A comuna xestiona a Academia de Cine de Rojava para novos cineastas, guionistas, editores e outros profesionais do cine na rexión e organiza o Festival de Cinema de Rojava, destinado a achegar o cinema ao público local, así como a crear oportunidades para cineastas locais e pontes con creadores internacionais.
Os filmes producidos pola comuna foron proxectados en festivais de todo o mundo, entre eles o International Film Festival de Rotterdam.