
- Este evento ha pasado.
Cine – Con el viento
18 de mayo, 2022 - 18:00

Cine – Con el viento
Coa proxección do filme Con el viento, de Meritxell Colell o Club Cultural Valle-Inclán continúa as “Sesións de Filmoteca” do mes de maio, que se desenvolven en colaboración coa Filmoteca de Galicia – CGAI, e segundo convenio de colaboración asinado coa AGADIC, Axencia Galega das Industrias Culturais.
Terceiro e derradeiro filme do ciclo de directoras catalanas que cursaron os seus estudios na Universitat Pompeu Fabra de Barcelona. VOSE.
Premios 2018: Premios Gaudí: Nomeada a mellor montaxe. 2018 Festival de Málaga Zonazine, Biznaga de prata. 2018 DA Film Festival de Barcelona, premio do talento e unha mención especial.
Terá lugar este mércores, día 18 de maio, no Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado, en sesión de 18:00 h.
A entrada e libre e de balde para socios do Valle-Inclán e comunidade universitaria. Resto do público, cota proporcional de socio, 2€.