23.4 C
Lugo
Mar, 26 Sep 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cine – Die Goldfische / Los peces dorados

9 de febrero - 19:30

Cine – Die Goldfische / Los peces dorados
Ciclo de Cine Alemán
Xov, 09/02/2023 – 19:30
Salón de Actos do Centro Cultural O Vello Cárcere
Entrada libre e de balde ata completar aforo.
VOSE
Director:Alireza Golafshan
Pais: Alemaña
Ano da produción: 2019
Xénero: Comedia
Duración: 112
Intérpretes: Tom Schilling, Jella Haase, Axel Stein, Jan Henrik Stahlberg, Birgit Minichmayr, Luisa Wöllisch, Kida Khodr Ramadan
Sinopse

Unha comedia made in Germany sobre un tema que moitos cineastas evitan para «non meter a pata»: trátase de persoas con diferentes tipos de discapacidades.

A vida acelerada de Oliver (Tom Schilling), un xestor de fondos financeiros, cambia por completo cando queda paralítico tras causar un grave accidente de coche. Á parte de ter o corpo esnaquizado e sentirse humillado pola súa nova discapacidade, Oliver ten outro problema: ten que poñer a salvo o seu diñeiro negro en Suíza antes de que o pillen as autoridades alemás.

Ocórreselle unha idea tan sinxela como brillante: organizar unha excursión para o grupo de discapacitados da residencia onde vive. Así, o grupo Os peixes dourados emprende unha excursión en furgoneta. Acompañados por unha asistente e un condutor, viaxan a un centro de «terapia de montar en camelos» nas montañas suízas.

A película conta cunha repartición excelente e un guion hilarante. O humor desta road movie non se frea ante ninguén. Ningunha persoa está a salvo, a risa cúrao todo.

Premios

2020:  Bavarian Film Award, Mellor director novel.

Detalles

Fecha:
9 de febrero
Hora:
19:30
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 29 71 95