domingo, agosto 14, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cine documental – Honeyland

7 de junio, 2021 - 19:30

Honeyland / Día 7 de Xuño. Hora: 19:30 / Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director: Tamara Kotevska, Ljubomir Stefanov
País: Macedonia do Norte
Ano: 2019
Xénero: Alimentación, economía e consumo, medio ambiente
Duración: 85 minutos
Produción: Atanas Georgiev ( Trice Films)
Dirección de Fotografía: Fejmi Daut, Samir Ljuma
Música: Foltin

INTÉRPRETES: Hatidze Muratova

SINOPSE: Nunha rexión remota e montañosa dos Balcáns, Hatidze Muratova vive coa súa nai enferma nunha aldeíña sen estradas, nin electricidade nin auga corrente. Ela dedícase a criar colonias de abellas nunhas cestas feitas a man que deixa escondidas entre as rocas. Grazas a un ritual secreto, o prezado líquido que producen, non se esgota nunca. Sen protección nin axuda, é capaz de amansarlas para poder extraer o mel e vendela á cidade máis próxima. A chegada dunha familia nómade coa súa furgoneta destartalada, sete fillos inquietos e un rabaño de gando parece estorbar a paz de Hatidze e das súas abellas. Nun primeiro momento, recíbeos cos brazos abertos, ofrecendo o seu afecto, o seu brandy e os seus consellos de apicultura. Pero non pasa moito tempo antes de que Hussein, o patriarca da familia nómade, visualice a oportunidade para poñer en práctica os seus intereses comerciais co mel para poder alimentar aos seus nenos. A pesar de que a chegada da familia proporciona compañía e alivio á soidade de Hatidze, tamén provoca unha desfeita na orde natural da zona e unha ameaza aos seus medios de supervivencia. Un retrato sobrecogedor que fala sobre a desaparición dunha forma de vida, e que evidencia o fráxil equilibrio entre humanidade e natureza a través da mirada dunha muller resiliente e extraordinaria. V.O. en dialecto turco, subtitulada en castelán.

PREMIOS: Nomeada aos Premios Óscar a Mellor Película Internacional e a Mellor Documental – Estados Unidos, 2020 World Cinema Grand Jury Prize, Sundance – Estados Unidos, 201. Special Jury Award for Impact for Change, Sundance – Estados Unidos, 2019. Special Jury Award for Cinematography, Sundance – Estados Unidos, 2019. Golden Athena Best Documentary Award, Athens International Film Fest – Grecia, 2019. Jury Award, BIFF – Estados Unidos, 2019. Best First Documentary & Most Compelling Subject, Critics’ Choice Documentary Awards – Estados Unidos, 2020. Best International Film, DocAviv Film Fest – Israel, 2019. Premio TV3 a Mellor Documental, DocsBarcelona – España, 2019. Grand Prix Bank Millenium Award, Millennium Docs Against Gravity – Polonia, 2019. The Maior of Gdynia Award to Best Documentary, Millennium Docs Against Gravity – Polonia, 2019. Special Jury Prize, Sarasota Film Festival – Estados Unidos, 2019. Critics Award to International Film & New Directors Competition Award to Best Documentary, São Paulo International Film Festival – Brasil, 2019. Espiga Verde, SEMINCI Valladolid – España, 2019.

PROMOVE: CLUBE CULTURAL VALLE INCLÁN

Detalles

Fecha:
7 de junio, 2021
Hora:
19:30
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
Teléfono:
982 26 00 00
Web:
deputacionlugo.org
X