lunes, septiembre 26, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cine en lembranza a Monica Vitti – El eclipse

27 de abril - 18:00

O Club Cultural Valle-Inclán inicia as «Sesións de Filmoteca» de 2022 cunha lembranza á recentemente desaparecida Monica Vitti e a proxección do filme El eclipse, dirixido por Michelangelo Antonioni no ano 1962. Monica Vitti comparte cartel con Alain Delon e Francisco Rabal.

O filme obtivo o Premio Espacial do Xurado no Festival de Cannes de aquel ano. VOSE. 

Mércores, día 27 de abril, Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado, sesión de 18:00 horas.  

Entrada libre e de balde para socios do Valle-Inclán e comunidade universitaria. Resto do público, cota proporcional de socio, 2€.

Sesións de Filmoteca desenvólvense en colaboración coa Filmoteca de Galicia – CGAI, segundo convenio de colaboración asinado pola AGADIC e o Club Cultural Valle-Inclán.

Detalles

Fecha:
27 de abril
Hora:
18:00
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
+ Google Map
X