Cine – «Estaba en casa, pero…»
Día 8 de Xuño. Hora: 18:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Entrada libre e de balde para socios do Valle Inclán e comunidade universitaria. Resto do público, cota correspondente de socio, 2€
Director: Angela Schanelec
País: Alemania
Ano: 2019
Xénero: Drama | Secuestros / Desaparicións
Duración: 105 minutos
Produción: Coprodución Alemaña-Serbia; Dart Film, Nachmittagfilm
Guión: Angela Schanelec
Dirección de Fotografía: Ivan Markovic
SINOPSE: Astrid vive en Berlín canda os dous fillos, Flo e Phillip. Tras a morte do seu home, un famoso director de teatro, tenta recompoñer a súa vida e superar a súa ausencia.
Na intimidade, a familia libra unha loita cotiá onde as actividades máis simples se converten en retos inesperados: a compra dunha bicicleta, un baño na piscina ou unha representación escolar de Hamlet.
O fráxil equilibro derrúbase cando Phillip foxe da casa… A directora alemá Angela Schanelec fai gala do seu estilo elíptico e un elegante sentido do humor para crear o retrato indeleble dunha pequena comunidade que se enfronta aos interrogantes fundamentais da existencia.
VOSE
PREMIOS: 2019: Festival de Berlín: Mellor dirección 2019: Festival de Mar do Prata: Mellor director (ex aequo)
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte