
- Este evento ha pasado.
Cine – Fedayin
2 de junio - 20:30

Cine – Fedayin
Fedayin trata a loita do preso político máis antigo de Europa, un mestre comunista libanés que se envolveu na resistencia palestina e na causa dos pobos árabes contra o neocolonialismo e que leva 38 anos nunha prisión francesa, nun proceso cheo de presións do imperialismo.
Mais tamén conta a historia da propia resistencia palestina e do modo como ela se converteu nun elemento central da loita dos pobos árabes pola súa verdadeira soberanía.
Dende A Hedreira trataremos de conectar con Mar de Lumes para que nos fagan unha presentación en directo previa á proxección e ao rematar, como é costume, debate.