
- Este evento ha pasado.
Cine: La vida de calabacín (Ma Vie De Courgette)
24 de noviembre, 2018 - 18:00

Entrada libre hasta completar aforo
Claude Barras, Suíza, 2016. 60 min. A partir de 6 anos.
Coprodución. Suíza-Francia
Sinopse. Calabacín é un neno afouto que despois de perder a súa nai ten que entrar nun fogar de acollida con máis rapaces orfos. Ao primeiro ten que esforzarse por atopar o seu lugar, porén, coa axuda das novas amizades, aprende a confiar e atopa o verdadeiro amor nunha nova familia.
Premios. 2016 Óscar: Nomeada a Mellor película de animación // 2016: Globos de Ouro: Nomeada a Mellor película de animación // 2016: Premios César: Mellor filme de animación e guión adaptado // 2016: Premios Annie: Nomeada a mellor director, filme independente e guión // 2016: Festival de Annecy: Mellor película e Premio do público // 2016: Festival de Donostia: Premio do público – mellor filme europeo.