
- Este evento ha pasado.
Cine na Casa do Saber – Petite fille
5 de mayo, 2021 - 19:30

Petite fille
Día 5 de Maio. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Entrada gratuíta. É preciso reservar entrada con anterioridade no correo cultura.lugo@usc.es
Director: Sébastien Lifhitz
País: Francia
Ano: 2020
Xénero: Documental / transexualidade
Duración: 85 minutos
Guión: Sébastien Lifhitz
Dirección de Fotografía: Sébastien Lifhitz
INTÉRPRETES: Documental
SINOPSE: Sasha cuestiona o xénero xa con 7 anos. Ten claro que cando medre ha ser unha nena. E o que para ela pasa por natural é unha dificultade na contorna da súa cidade de provincias, malia o apoio incondicional dos pais (que percorreron tamén o seu propio camiño cara ao entendemento). Sébastien Lifshitz segue a vida de Sasha durante un ano, as súas clases de ballet, a súa terapia, as súas relacións cos outros, e a patente hostilidade cara a ela dunha sociedade que se nega a aceptala como é (na escola non lle permiten levar vestimenta feminina), nun documental conmovedor e tocado pola inspiración estreado na Berlinale. VOSE
PREMIOS: 2020: Premios do Cine Europeo: Mellor son. Nominada a mellor documental.