
- Este evento ha pasado.
Cine: Suburban Birds
11 de diciembre, 2019 - 19:30

Suburban Birds – VOSE –
Dirección: Qiu Sheng, País: China, Ano 2018, Guión: Qiu Sheng,
Fotografía: Xu Ranjun, Montaxe: Jin Di, Ching-Song Liao,
Duración: 118 min, Repartición: Zihan Gong, Lu Huang, Mason Lee
Sinopse: Producíronse varios afundimentos de terra nunha área suburbana.
Para investigar as causas, as autoridades enviaron un equipo de enxeñeiros, entre os que se atopa Hao. Tras días de vagabundaxe e pesquisa a transportar o seu pesado equipo, Hao entra nunha escola de primaria e encontra un diario que relata a historia dun cativo que se separa dos seus mellores amigos. En canto o inquérito segue o seu curso, Hao descobre que o diario pode conter profecías sobre a súa propia vida.
Premio: Novos Cinemas á mellor longametraxe da sección oficial 2018.
Salón de Actos da Casa do Saber. 19,30 h. Entrada de balde, ata completar aforo, para socios do Club Cultural Valle-Inclán e comunidade universitaria. Resto, cota proporcional de socio, 1,00 €. Pecharase a porta unha vez iniciada a proxección.
Dentro da programación do Club Cultural Valle-Inclán que realiza en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe -CGAI- Filmoteca de Galicia.