
- Este evento ha pasado.
Cine – Toni Erdman
6 de abril - 19:30

Cine – Toni Erdman
6 abril | 19.30 h
Maren Ade | Alemaña | 2016 | 156 min | NRM 16
Ines leva unha vida perfectamente ordenada centrada no seu traballo. A súa
existencia vese conmocionada pola visita do seu pai, do que se avergonza pero
que a axudará a dar un novo sentido á súa vida a través dun personaxe imaxinario.
Este evento enmárcase na iniciativa solidaria de apoio a Ucraína no marco do proxecto «Cultura por alimentos».
Afundación invita os asistentes ao acto a que, seguindo as recomendacións das entidades que están a traballar sobre o terreo, entreguen prioritariamente alimentos precociñados e latas de conserva, alimentos infantís, produtos hixiénico-sanitarios infantís e femininos e medicamentos e material de primeiros auxilios, que poderán depositar á entrada do recinto nos colectores dispostos para este fin.
O acceso a cada unha das sesións será a cambio da entrega dalgún destes produtos. Imprescindible reserva previa en Ataquilla.com, sen custo.