18.3 C
Lugo
Dom, 3 Nov 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Circuíto de Teatro Afeccionado

17 de noviembre, 2023 - 19 de noviembre, 2023

O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo programa para esta fin de semana representacións nos concellos de Burela, Láncara, Sober, O Valadouro, Muras, A Pastoriza, O Corgo, Pantón e Cervo.

As mentiras teñen os pés pequenos (PICO DO CASTRO)
Venres 17 de novembro | 21:00h | CASA DA CULTURA (BURELA)

Comedia. Todos os públicos.
Autoría:  Juan José Villarino Calvelo
Dirección: Juan José Villarino Calvelo
Duración: 60 min.

Sinopse:
Despois de entrar por erro nunha habitación que non é a súa, Bieito atópase sen querer en posesión dun obxecto bastante comprometido: unha bota de muller. E non dunha muller calquera… A bota pertence nada menos que á dona do belicoso coronel León! Agora Bieito terá que agudizar o enxeño para pasarlle a outro incauto a responsabilidade do asunto, quedando así libre de sospeita e de varios balazos no corpo.

Cita previa (Historias disparatadas nas consultas médicas) (REBULDEIRA
TEATRO)
Sábado 18 de novembro | 12:00h | ESPAZO POLIFUNCIONAL DO CAMPO DA FEIRA
DA POBRA DE SAN XIAO (LÁNCARA)

Comedia. Todos os públicos.
Autoría: Rebuldeira Teatro
Dirección: Carlos Rebolo
Duración: 75 min.

Sinopse:
Esta obra trata sobre situacións que poden suceder nun centro de saúde. De xeito anecdótico e cómico represéntase o devir cotiá ao que se enfrontan os pacientes, o persoal sanitario e os administrativos por mor dos recortes sanitarios, así como a vida social das salas de espera, dende discusións familiares, novas amizades e algún que outro desatino.

Arte (HIPÓCRITA TEATRO)
Sábado 18 de novembro | 19:00h | CENTRO SOCIOCULTURAL (SOBER)

Traxicomedia. Público maior de 12 anos.
Autoría:  Yasmina Reza
Dirección: José Campanari
Duración: 70 min.

Sinopse:
Teo fíxose cunha pintura para a súa colección particular. O problema é que onde el ve unha sublime obra de arte contemporáneo, Carlos ve un simple cadro branco e Iván réstalle importancia á polémica. Esta é unha obra construída con personaxes que se amosan pouco a pouco ata adquirir unha complexidade insospeitada e que, entre risas, moitas risas, son
quen de transmitirnos unhas cantas cousas nada banais sobre nós mesmos.

Vaise pechasr unha casa máis (OS BALUROS)
Sábado 18 de novembro | 19:00h | CASA DA CULTURA (O VALADOURO)

Drama. Todos os públicos.
Autoría:  Julio Pita Muinelo
Dirección: Os Baluros
Duración: 90 min.

Sinopse:
Pepe é un labrego que vive nunha aldea xunto coa súa nai, a viuva Maruxa. Con moitas dificultades sobreviven sen atopar o xeito de mellorar naquel medio rural de mediados dos setenta. Engaiolado polos relatos da vida que di levar un veciño emigrado, segue o camiño deste, a pesares da fonda tristura que senten, tanto el como a súa nai. Pero un agravamento da saúde de Maruxa, forza o seu regreso.

Aire fresco (ARDORA)
Sábado 18 de novembro | 19:00h | CASA DA CULTURA (CERVO)

Comedia. Todos os públicos.
Autoría:  Francisco Piñeiro González
Dirección: María Paz Rodríguez Silva
Duración: 75 min.

Sinopse:
A crise da covid puxo de relevo problemas comúns, que todos temos na cotidianidade, pero que tenden a ser invisibilizados. As persoas maiores foron un dos colectivos máis afectados pola pandemia, dada a súa vulnerabilidade. Esta obra busca concienciar á sociedade sobre a necesidade urxente de prestar unha atención adecuada a quen cuidou e agora precisa ser coidado.

Pan con chocolate (COLECTIVO CULTURAL OLLOMAO)
Sábado 18 de novembro | 21:00h | CASA DO MÉDICO (MURAS)

Comedia. Todos os públicos
Autoría:  Colectivo Cultural Ollomao
Dirección: Ramón Casas
Duración: 75 min.

Sinopse:
Tres “nenos” e tres “nenas” que se acaban de retirar, reúnense para celebrar a xubilación da máis nova dos seis, non podendo evitar recordar as cousas da vida de cando eran pequenos. Así, pouco a pouco, van saíndo temas que a todos nos resultan familiares. Lembranzas ás veces felices e ás veces moi tristes, pero que desde a perspectiva do tempo vanse suavizando. “Por moi mal que o teñas pasado cando eras nova, cando volves a vista atrás, recordas aqueles anos con tenrura, con agarimo, con nostalxia, eu que sei…” O caso é que cando nos xuntamos tres ou catro persoas da mesma xeración é inevitable que nos poñamos a rememorar cousas do pasado. E aos que andan por riba dos 60, sempre, sempre, sempre, se lles van vir á cabeza aquelas merendas de pan con chocolate.

As mentiras teñen os pés pequenos (PICO DO CASTRO)
Sábado 18 de novembro | 21:00h | LOCAL SOCIAL DE CELA (O CORGO)

Comedia. Todos os públicos.
Autoría:  Juan José Villarino Calvelo
Dirección: Juan José Villarino Calvelo
Duración: 60 min.

Sinopse:
Despois de entrar por erro nunha habitación que non é a súa, Bieito atópase sen querer en posesión dun obxecto bastante comprometido: unha bota de muller. E non dunha muller calquera… A bota pertence nada menos que á dona do belicoso coronel León! Agora Bieito terá que agudizar o enxeño para pasarlle a outro incauto a responsabilidade do asunto, quedando así libre de sospeita e de varios balazos no corpo.

A tortilla e a peste (NOVA ESCENA)
Domingo 19 de novembro | 18:00h | CASA DA CULTURA (PANTÓN)

Comedia. Público maior de 14 anos.
Autoría:  Xoán Carlos Laxe
Dirección: María Márquez
Duración: 90 min.

Sinopse:
Catro mulleres e un home contan a súa experiencia durante o período do confinamento. A privación de contacto, o illamento e a distancia fan que as cousas cotiás, como facer unha simple tortilla, adquiran unha dimensión diferente, converténdose no ‘‘axis mundi’’ duns personaxes ligados á realidade a través do finísimo fío da tecnoloxía.

Os ladróns son xente honrada (A ADALA FUTURA)
Domingo 20 de novembro | 19:00h | PAVILLÓN DE VILASTROFE (CERVO)

Comedia. Público familiar.
Autoría: A Adala Futura
Dirección: María Antonia García
Duración: 60-75 min.

Sinopse:
Uns ladróns moi dulceiros entran a roubar lambetadas na casa dunha diva moi diva. A policía, que lles segue a pista, acaba por atopalos nesta casa pero non é o único que atopan… O inspector e a diva namóranse, aparece unha frauta máxica cunha maldición que a diva decide romper… Pero se queres saber máis a obra terás que ver.

Detalles

Comienza:
17 de noviembre, 2023
Finaliza:
19 de noviembre, 2023
Categoría del Evento: