lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Claudio Rodríguez Fer presenta «Unha tempada no paraíso»

6 de junio, 2019 - 20:00

Presentación de «Unha tempada no paraíso» de Claudio Rodríguez Fer, traducido en Brasil ao portugués por Saturnino Valladares.

O xoves 6 de xuño, ás 20.15 h., na Librería Biblos de Lugo (Rúa Salvador de Madariaga, 1), será presentada a edición bilingüe galego-portuguesa “Unha tempada no paraíso”, de Claudio Rodríguez Fer, traducida e prologada en Brasil por Saturnino Valladares, quen a editou na Editora Valer, de Manaos, co título de “Uma temporada no paraíso”.

Abrirá o acto o libreiro Julián García, ex-alumno do poeta e ex-colega do tradutor. Este novo volume de poesía traducida ao portugués publicado pola brasileira Editora Valer sucede a “Não amanhece o cantor”, de José Ángel Valente, anteriormente editado, traducido e prologado tamén polo poeta Saturnino Valladares, profesor da Universidade Federal do Amazonas e doutorado cunha tese sobre Valente dirixida por Claudio Rodríguez Fer.

Claudio Rodríguez Fer é autor de máis de medio cento de obras como poeta, narrador, autor teatral e ensaísta. Cultivou a temática erótica dende o seu primeiro poemario (“Poemas de amor sen morte”, 1979) ata o último (“A muller sinfonía”, 2018), pasando por “Tigres de ternura” (1981, Premio da Crítica Española). Reuniu a súa poesía en “Amores e clamores” (2011) e a súa narrativa en “Contos e descontos” (2011). Dirixe a Cátedra Valente de Poesía e Estética na Universidade de Santiago de Compostela e foi profesor universitario en Nova York (onde escribiu parte de “A unha muller descoñecida”), París (onde escribiu parte de “Viaxes a ti”) e Bretaña (onde é Doutor Honoris Causa e publicou en bretón “Moito máis de mil anos”). A súa poesía está traducida a decenas de idiomas.

Segundo o tradutor: “Com este livro, a editora Valer introduz, no Brasil, a obra e a personalidade de um dos intelectuais mais transcendentes do rico panorama artístico-literário espanhol, que, como um de seus traços mais caracterizadores, desenvolve sua obra literária em língua galega e que, com a irrupção de sua poesia de signo erótico, renovou a estética da literatura galega”.

Detalles

Fecha:
6 de junio, 2019
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Librería Biblos
Avenida de Ramón Ferreiro
Lugo, Lugo 27002
Web:
https://www.facebook.com/LibreriaBiblosLugo/
X