15.1 C
Lugo
Vie, 19 Abr 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Codex Cinema 27 de abril en adiante

27 de abril, 2023 - 30 de abril, 2023

Codex Cinema 27 de abril en adiante

Esta semana os Codex Cinema estrean o filme xaponés “Plan 75”, do director Chie Hayakawa, un fermoso conto humanista sobre o valor da vida, unha película conmovedora, cunha narración sobria e reflexiva que trata o tema da eutanasia de forma delicada e futurista.

Unha verdadeira obra mestra.

Sinopse: en Xapón, nun futuro próximo, o envellecemento da poboación acelérase. O goberno estima que, a partir de certa idade, os maiores convértense nunha carga inútil para a sociedade e pon en marcha o «Plan 75».

Este programa propón aos anciáns un acompañamento loxístico e financeiro para poñer fin á súa vida. Unha candidata ao Plan 75, Michi, un recrutador do goberno, Hiromu, e unha moza auxiliar de enfermería filipina, María, enfróntanse á toma de decisións de vida ou morte. Ou a un pacto mortífero.

A outra estrea da semana nos Codex é «A impaciencia do corazón», do director Bille August e baseada na novela “A piedade perigosa”. É un relato sobre a relación de dous mozos, a filla dun barón e un oficial do exercito, que se debate entre o amor e a compaixón.

Sinopse: coa inminente Primeira Guerra Mundial como telón de fondo, Anton un oficial
obediente, vese confrontado pola súa amizade coa filla dun amigo, Edith, que está prostrada nunha cadeira de rodas. A medida que a relación evoluciona, Anton debátese entre os seus sentimentos, incapaz de decidirse.

Detalles

Comienza:
27 de abril, 2023
Finaliza:
30 de abril, 2023
Categoría del Evento:

Local

Codex Cinema
Plaza Viana do Castelo nº4
Lugo, Lugo 27003
+ Google Map
Ver la web del Local