7.1 C
Lugo
Jue, 28 Mar 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Codex Cinema do 18 de maio en adiante

18 de mayo, 2023 - 21 de mayo, 2023

Codex Cinema do 18 de maio en adiante

O vindeiro venres 19 de maio os Codex Cinema estrean os filmes:

“SICA” da directora Carla Subirana que constrúe unha fábula profunda e emocionante, unha crítica da industria pesqueira e o cambio climático

Sinopse:

Sica, unha nena de 14 anos, está obsesionada con que o mar lle devolva o corpo do seu pai tras un naufraxio na Costa da Morte. Mentres percorre os acantilados coñece a Suso,  «o Cazatormentas», rapaz de 15 anos que agarda a chegada de Ofelia, a nai de todas as tormentas.

Sica investiga as circunstancias do accidente e entra nunha difícil viaxe de descubrimento.

Aos seus ollos, o pobo mariñeiro onde medrou, marcado pola brutalidade do seu océano e o crecente desequilibrio da Natureza, xamais volverá ser o mesmo.

A outra estrea desta semana nos Codex Cinema é o filme italiano «As oito montañas» dos directores Felix Van Groeningen e Charlotte Vandermeersch.

Un melodrama perfecto, unha bonita historia de amizade que trata con enorme sensibilidade os afectos infantís, a relación coa natureza e os vínculos paternos.

Sinopse: as vivencias ao longo dos anos de Pietro, un rapaz de cidade que visita periodicamente o seu pobo, e Bruno, que permanece no pobo e mantense fiel á  súa
montaña, faranlles enfrontarse ao amor e á perda, lembrándolles as súas orixes e abrindo paso ao destino.

Esta película gañou o Premio do Xurado no Festival de Cannes de 2022 e na Seminci do mesmo ano obtivo o premio á Mellor Fotografía.

Detalles

Comienza:
18 de mayo, 2023
Finaliza:
21 de mayo, 2023
Categoría del Evento:

Local

Codex Cinema
Plaza Viana do Castelo nº4
Lugo, Lugo 27003
+ Google Map
Ver la web del Local