1.6 C
Lugo
Mié, 6 Dic 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Codex Cinema do xoves 20 de abril en adiante

20 de abril - 23 de abril

Codex Cinema do xoves 20 de abril en adiante

Esta semana os cines Codex estrean o novo filme de Estibaliz Urresola,
titulado «20.000 especies de abellas»

Esta película foi premiada no pasado Festival de Berlín co Oso de Prata á
mellor interpretación protagonista, Sofía Otero. No Festival de Málaga
obtivo a Biznaga de Ouro (mellor película) e o premio á mellor actriz de
reparto, Patricia López Arnaiz.

Sinopse:

Cocó, de oito anos, non encaixa nas expectativas dos demais e non entende por que. Todos, ao redor seu,  insisten en chamarlle Aitor pero non se recoñece nese nome nin na mirada dos demais.

A súa nai, Ana, sumida nunha crise profesional e sentimental, aproveitará as súas vacacións para viaxar cos seus tres fillos á casa materna, onde reside a súa nai, Lita e
a súa tía, Lourdes, estreitamente ligada á cría das abellas e á produción de mel.

Ese verán, que cambiará as súas vidas, obrigará a estas mulleres de tres xeracións moi distintas a enfrontarse ás súas dúbidas e temores.

A outra estrea da semana é o filme ruso «A muller de Tchaikovsky» dirixida por Kirill Serebrennikov. Unha obra visualmente cautivadora, que exhibe un clasicismo elegante, unha película brillante e complexa, sobre todo no retrato de Antonina.

Sinopse:

Rusia, século XIX. Antonina Miliukova, moza acomodada e brillante, casa co compositor Piotr Tchaikovsky. Pero o amor que sinte por el vólvese unha obsesión e a muller atópase cun gran rexeitamento. Consumida polos seus sentimentos, Antonina será quen de soportar o que sexa con tal de estar ao seu carón.

Detalles

Comienza:
20 de abril
Finaliza:
23 de abril
Categoría del Evento:

Local

Codex Cinema
Plaza Viana do Castelo nº4
Lugo, Lugo 27003
+ Google Map
Ver la web del Local