5 C
Lugo
Mar, 5 Dic 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Codex Cinema – xoves 04 de maio en adiante

4 de mayo - 7 de mayo

Codex Cinema – xoves 04 de maio en adiante
“Alguén que coide de min”

Dirixida pola escritora e xornalista, Elvira Lindo, creadora de Manolita Gafotas e Daniela Féjerman.

Esta película ten moitísimas cousas que non deberían pasar desapercibidas, é comercial,
divertida, dramática e une un discurso social e familiar co artístico.

Sinopse:

Nora, unha actriz nova cun futuro prometedor, fai equilibrios entre os dous piares da súa vida: a súa avoa Magüi, que aínda que xa está retirada, foi durante décadas  gran dama do teatro, e a súa nai, Cecilia, cunha traxectoria profesional en decadencia tras ter acadado certa gloria en cabarés canallas dos anos oitenta.

Nora descubre que a nai garda un segredo que a marcou para sempre.

«O trío en mi bemol»

O novo filme de Rita Azevedo Gomes.

Nesta película, Azevedo  plantexa unha serie de encontros entre un home e unha muller (aos que dan vida Pierre Léon e a actriz habitual na súa fimografía Rita Durão), que foron parella e agora son amigos, que falan de problemas amorosos e outros asuntos persoais nun entorno idílico.

Sinopse:

Paul e Adélia, antigos amantes, reúnense regularmente para filosofar sobre o seu pasado como parella, conversar sobre as novas aventuras amorosas dela ou discutir sobre música; Adélia adora o rock, Paul a música clásica. Ao longo do ano veranse sete veces; encontros, desencontros e unha melodía que os vai unindo cada vez máis.

Jorge, un lunático director de cine, filma nunha luminosa casa costeira unha adaptación do Trío en mi bemol, a única obra de teatro que escribiu Éric Rohmer.

Unha película que agocha outra.

«O meu crime»

Película francesa dirixida por François Ozon que reúne varias xeracións de actores dramáticos de Francia que se divirten e nos divirten nunha comedia desenfadada.

Sinopse:

Francia, 1995. Un investigador deberá resolver o asasinato dun banqueiro parisiense. Entre unha serie de vario pintos sospeitosos, destaca Madeleine, os seus desexos de fama e fortuna meteranse no camiño da investigación.

Detalles

Comienza:
4 de mayo
Finaliza:
7 de mayo
Categoría del Evento:

Local

Codex Cinema
Plaza Viana do Castelo nº4
Lugo, Lugo 27003
+ Google Map
Ver la web del Local