3.8 C
Lugo
Vie, 29 Mar 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Codex Cinema xoves 13 de abril en adiante

13 de abril, 2023 - 16 de abril, 2023

Codex Cinema xoves 13 de abril en adiante

O vindeiro vernres 14 de abril, Codex Cinema estrea o filme francés “Scarlet” de Pietro Marcello. A película que obtivo o Premio á Mellor dirección no Festival de Sevilla, narra a vida de Juliette que medra soa co seu pai, Raphaël, nalgún lugar do norte de Francia.

Alí son marxinados polos veciños pero entre eles viven en cariñosa harmonía. El é un veterano da Primeira Guerra Mundial que de volta ao pobo dedícase a traballar a madeira con enorme talento.

A nena, apaixonada polo canto e a música, coñece un verán a unha feiticeira que lle promete que unhas velas escarlatas que verá no ceo, algún día  a sacarán do seu pobo. Juliette nunca deixará de crer nesa profecía.

A outra estrea da semana é  «Conspiración en O Cairo», un thriller minucioso e laberíntico, onde o seu director, Tarik Saleh, demostra o pulso necesario para soster un excelente guión, que acada o Premio ao Mellor Guión no Festival de Cannes 2022.

Sinopse: Adam, modesto fillo dun pescador, ingresa na prestixiosa Universidade de Al-Azhar do Cairo, epicentro do poder do islam sunita. O día no que empezan as clases, O Gran Imán que dirixe a institución morre de repente. Sen darse conta, Adam vese no medio dunha loita de poder implacable entre as elites relixiosas e políticas do país.

Detalles

Comienza:
13 de abril, 2023
Finaliza:
16 de abril, 2023
Categoría del Evento:

Local

Codex Cinema
Plaza Viana do Castelo nº4
Lugo, Lugo 27003
+ Google Map
Ver la web del Local