lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Coloquio «Están atendidas as necesidades psicolóxicas da cidadanía en Lugo?»

24 de octubre, 2019 - 19:00

Coloquio «Están atendidas as necesidades psicolóxicas da cidadanía en Lugo?»

A Asociación de Psicólogos Clínicos do Sergas (APCS) organiza mañá xoves 24 de outubro o coloquio «Están atendidas as necesidades psicolóxicas da cidadanía en Lugo?», un encontro que terá lugar ás 19 horas no Centro Cultural O Vello Cárcere, na Praza da Constitución.

Contarán coa intervención de Carmen Castiñeira Pérez, médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria do Servizo de Atención Primaria de Fingoy (Lugo); Carlos Fernández Fraga, que exerce a mesma especialidade no Servizo de Atención Primaria de Burela; así como Mariano Carrero Moure, psicólogo clínico na EOXI de Lugo, Cervo e Monforte e membro da Asociación de Psicólogos Clínicos do Sergas. Este coloquio estará moderado pola psicóloga clínica da EOXI de Lugo, Cervo e Monforte Delia Guitián Rodríguez.

A Asociación de Psicólogos Clínicos do Sergas vén realizando neste ano diferentes coloquios nas cidades galegas co obxectivo de expoñer as necesidades psicolóxicas da poboación na rede pública. Con estes encontros en cada unha das áreas sanitarias preténdese dar difusión ás peticións e intercambiar opinións cos axentes sociais (sindicatos, asociacións de pacientes/familiares, asociacións profesionais, partidos políticos…) para contribuír desde a especificidade profesional da Psicoloxía Clínica á mellora da saúde da poboación.

Detalles

Fecha:
24 de octubre, 2019
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
Teléfono:
982 29 71 95
X