viernes, septiembre 30, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concentración contra os campionatos de caza do raposo

27 de enero, 2019 - 12:00

caza do raposo

Lugar: Praza Maior de Lugo

Hora: 12:00

O día 27 de Xaneiro terán lugar de xeito simultáneo en diferentes cidades do estado concentracións en rexeita dos campionatos de caza de raposos.

En Lugo unénse ás protestas tanto grupos animalistas convencidas de que a matanza de animais non debe seguir considerándose un deporte coma grupos ecoloxistas que denuncian a matanza indiscriminada de raposos nos torneos ascendendo o número de baixas, só na tempada de caza e segundo datos dos cazadores, ata os 13.000 animais abatidos.

Ademais de por o acento desde a perspectiva animalista en que matar non debería considerarse actividade de ocio nin deporte, recordamos así mesmo que os raposos, xunto con outras especies de predadores, son fundamentais para asegurar a saúde do medio e o control de graves enfermidades coma peligrosa borreliose ou enfermidade de Lyme transmitada por carrachos que proliferan cando as poboacións de pequenos roedores aumentan ao descender os número dos seus predadores.

Por estes motivos unimos forzas para reclamarlle a Xunta de Galicia o FIN destes eventos e, por suposto, da súa promoción desde entidades públicas e subvención con cartos de todas como ven sucedendo ata agora

Detalles

Fecha:
27 de enero, 2019
Hora:
12:00
Categoría del Evento:
X