viernes, septiembre 30, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concentración de apoio á xuiza Pilar de Lara

3 de abril, 2019 - 20:00

Concentración de apoio á xuiza Pilar de Lara

Convócase a unha concentración o vindeiro mércores 3 de abril ás 20:00h, diante dos Xulgados, en apoio ao traballo da xuíza e en contra das desproporcionadas medidas disciplinarias adoptadas contra ela.

A dilación na instrucción de macrocausas vén marcada pola falta de medios persoais e materiais, un problema endémico na Administración de Xustiza que se converteu máis que patente neste caso e neste Tribunal de Instrución, que acumulou outras macros causas de corrupción (algunhas con grandes conexións coa «Operación Carioca»), ademais dos «casos ordinarios». A xuíza instrutora pediu reforzos para o seu Xulgado por escrito hai xa seis anos, por estar desbordado. O propio CGPJ, en 2013, pediu o nomeamento de 4 novos funcionarios/as e incluso a creación dun xulgado de reforzo. Por que non se fixo así?

Apartar a Pilar de Lara redundaría no alto risco de impunidade de gran parte dos imputados que existe xa, como demostra a neglixente actuación da Fiscalía de Lugo ata o momento, que obrigou a despezar en infinitas pezas a instrución cando esta estaba a piques de ser rematada, provocando o verdadeiro e máis importante retraso nesta macrocausa; e agora está a exculpar a varias decenas de imputados baixo pretextos de corte machista e indulxente como considerar meros «agasallos de cortesía» que axentes da unidade de Garda Civil encargada dos propios delitos relacionados coa explotación sexual recibisen nun burdel copas gratis e sexo gratis coas mulleres prostituídas.

Como cidadanía rexeitamos de plano a sanción que o Consello Xeral do Poder Xudicial quere aplicar contra a xuíza, por resultar desproporcionada e ter a clara intencionalidade de afastala dos xulgados de Lugo.

Vémonos o 3 nas rúas!

Convoca: Plataforma contra a Impunidade do Caso Carioca – fb- 

Detalles

Fecha:
3 de abril, 2019
Hora:
20:00
Categoría del Evento:
X