lunes, octubre 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto da Banda de Música de Vilatuxe

24 de julio, 2021 - 12:30

Concerto da Banda de Música de Vilatuxe

A Banda de Música de Vilatuxe chegará este sábado 24/07 a Lugo para dar un concerto dentro do ciclo O País das Bandas, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares

A praza de San Marcos acollerá o concerto a partir das 12:30. O concerto terá unha duración aproximada de unha hora e terá un repertorio formado en preto do 60% con temas galegos, e complementado con temas coñecidos para banda. En caso inclemencias meteorolóxicas, o concerto trasladarase á carpa habilitada na praza da Soidade.
O programa O país das bandas está promovido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e englóbase dentro da programación do Xacobeo 2021. Conta con preto de cen concertos a cargo de máis de setenta agrupacións galegas distribuídas por toda Galiza.
Programa do concerto
– El Meu Iaio (Ferrer Ferrán)
– Danzas Armenias (Alfred Reed)
– Cavaleiros de Santiago (X. Luís Represas Carrera)
– Libertango (Astor Piazzolla, arr. Marco Somadossi)
– Cascarexa (Ernesto Campos)
– Fantasía sobre tres temas galegos (Simón Couceiro Riveira)
– Churrusqueira (Enrique García Rey)
– Muiñeira de Chantada (Victoriano Fernández García)
– Muiñeira dos Pendellos (Juan Lois Diéguez)

Detalles

Fecha:
24 de julio, 2021
Hora:
12:30
Categoría del Evento:
X