lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto: David Prado

1 de diciembre, 2018 - 20:30

David Prado actuará o vindeiro 1 de decembro no Auditorio Gustavo Freire, ás 20:30
horas, para presentar o seu novo traballo titulado El viaje perfecto

As entradas – ESGOTADAS – , que son de balde, poden descargarse en www.davidprado.es 

El viaje perfecto

O lucense David Prado escolleu Lugo para tocar por primeira vez as cancións do seu novo
proxecto musical, El viaje perfecto, antes de que saia á rúa, aínda que o mesmo día do
concerto, o 1 de decembro, poderanse escoitar nas plataformas dixitais. Trátase dun traballo
coordinado por Xusto Malejón e producido por Diego Grande, Iván Salgado e Diego Mosquera.
Son dez temas nos que o artista experimenta cunha serie de sons cara ao pop, sen deixar a
esencia que define as súas anteriores composicións. Para este novo título, Prado contou coa
colaboración dos músicos Ralph Míguez e Luís Vivas.

David Prado

David Prado (Lugo, 1986) toca a guitarra desde os 8 anos e El viaje perfecto sería o seu cuarto
disco, o segundo editado baixo selo,. Compuxo a letra da canción Ribeira Sacra, despois de
tocar nos seus inicios nun bar de Belesar e que serviu para promocionar a riqueza desa zona.
Tamén é autor do tema que conmemora os 50 anos do CB Breogán.

Detalles

Fecha:
1 de diciembre, 2018
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05
X