miércoles, julio 6, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto: Davide Salvado & Pedro Pascual

13 de octubre, 2018 - 23:00

Davide Salvado é un dos artistas galegos con máis proxección internacional. Leva media
vida recorrendo as aldeas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres
que se foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir.
O amor a todas esas prácticas tradicionais e o respecto pola terra, fan do xeito de
entender o canto para Davide moito máis que simplemente música.

Inmerso aínda na xira de “Lobos”, Davide presenta agora un novo formato xunto ao
multiinstrumentista Pedro Pascual (Talabarte, Marful), produtor do seu último disco. O
acordeón diatónico, a guitarra e o bouzouki dialogan coa voz e as percusións tradicionais
para reinterpretar as músicas coas que eles máis disfrutan.

DAVIDE SALVADO PREMIO A MELLOR PROXECTO DE MÚSICA TRADICIONAL NOS
PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA 2017

Detalles

Fecha:
13 de octubre, 2018
Hora:
23:00
Categoría del Evento:

Local

La Cosechera
Rua Irmáns Vilar Ponte
Lugo, 27002
Teléfono:
982 24 34 57
Web:
https://www.facebook.com/La-cosechera-eventos-149155895673831/
X