miércoles, junio 29, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto de Aida Saco (piano) no Lugo Cultural

17 de febrero, 2020 - 20:00

Cartel de "Músicas a carón da Mosqueira" - Lugo Cultural
Concerto de Aida Saco (piano) no Lugo Cultural: Ronseis do tempo

17 de febreiro – Casa do Saber – 20:00

Dentro do programa «Na calzada»

Aida Saco

Alumna dos prestixiosos pianistas Josep Mª Colom no Conservatori del Liceu e Maurizio Moretti na Schola Cantorum de Paríse finaliza o Grao Profesional de Piano coas máximas cualificacións.

Asiste a cursos e clases maxistrais con recoñecidos mestres e pianistas como Elena Orobio, Akiko Ebi, José Enrique Bagaría e Alexander Gold.

Pianista concertista en numerosos ciclos e eventos musicais, entre eles os organizados pola USC, o Concello de Rianxo, o LXI Curso Internacional “Música en Compostela” (Concierto a la luz de los candelabros e Concerto de bolseiros)…

É compositora para piano con obra publicada e presentada en numerosos auditorios (Teatro Colón de A Coruña, Palacio de Congresos de Pontevedra, Casa Museo Casares Quiroga, Auditorio de Padrón, Auditorio de Rianxo, Conservatori del Liceu,  Radio e Televisión de Galicia…).

En setembro de 2015 inicia o proxecto musical Metamorfoses, que é publicado en marzo de 2017 como traballo discográfico.

En 2019 publica Ronseis do tempo, no que conta con colaboracións de Uxía Senlle e M.J Pérez.

Seleccionada, entre outros, concertista no I Ciclo de Concertos Novos Talentos Musicais, alumna bolseira no LXI Curso Internacional “Música en Compostela”, gañadora do Premio “Leonid Sintsev” 2019 , Premio do público e 2º premio no III Premi de Música Ciutat de Mataró.

Proposta para o programa de bolsas de estudo YMFE 2020 (Yamaha Music Foundation of Europe) para piano. A súa obra compositiva foi nomeada aos V Premios Martín Códax da Música na categoría de Música clásica e contemporánea.

Programa completo do Lugo Cultural 

Detalles

Fecha:
17 de febrero, 2020
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
X