
- Este evento ha pasado.
Concerto de Carmen Penín
8 de marzo, 2018 - 20:30 - 22:30
Gratuito
O Goberno da Deputación celebra o Día da Muller co concerto de Carmen Penín co espectáculo Herdeiras. Segundo a propia artista, Herdeiras, é un proxecto quere contribuír á difusión do papel das mulleres na época da guerra civil e a posguerra, resaltando o seu valor e resistencia, o seu compromiso e solidariedade. Quere tamén destacar cómo as mulleres actuais estamos en débeda con elas, que loitaron por un mundo no que ser muller fose máis doado; coñecelas axuda a construír a nosa identidade actual, dende o orgullo e o sentimento de pertenza. Quere facer tamén un chamamento á unidade e á empatía entre todas as mulleres, independentemente do seu lugar de procedencia. E por último, pretende chamar a atención de toda persoa demócrata sobre a Memoria Histórica como vehículo de reconciliación e xustiza.