
- Este evento ha pasado.
Concerto de Coanhadeira
28 de abril, 2018 - 23:00

Coanhadeira nace en Ourense no ano 2006 como unha banda de música folk entregada a amosar aqueles “restos” musicais conservados até os nosos días a través da tradición
oral da cultura galega.
Grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus directos cargados de forza, esta banda acadou numerosos galardóns e camiñou sobre moitos dos principais escenarios folque galegos
e de Europa, como o Festival de Pardiñas (Galicia), A Carballeira de Zas (Galicia), o Escenario Runas do Festival Intercéltico de Ortigueira (Galicia), festival da Rebusca (Galicia), Sauga Folk (Colindres, Cantabria), Trobada de Buners (Andorra) ou o Festival Interceltique de L»Orient
(Francia), entre outros.
No 2007 foron gañadores da sección folk do concurso Nsaio no Camino (Galiza)
2008 Gañadores do XI Concurso Folk Radio Obradoiro (Galiza)
2008 Finalistas do Escenario Runas do Festival Intercéltico de Ortigueira (Galiza)
2008 Segundo premio no concurso Folk Folkez lai (Bizkaia, Euskadi)
2009 gañadores do IV Concurso Folk Escenario PRAU (Cantabria)
2010 Segundo premio no concurso folk Eurofolk.