miércoles, octubre 5, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto de Ezetaerre no Clavi de Lugo

15 de marzo, 2019 - 22:00

ezetaerre

Concerto de Ezetaerre no Clavi de Lugo

Ezetaerre presenta o seu novo disco «Pólvora e tormenta» en concerto no Clavi de Lugo o 15 de marzo

Ezetaerre somos un grupo de rap combativo e en galego formado polo Garchu (A Coruña), o Pirola (Ourense) e o Petrowski (O Porriño). A nosa andaina comezou en 2016 na Coruña, onde compartimos estudos, loitas e experiencias no movemento estudantil.

Despois da publicación do longo Aspiracións mínimas e urxentes, o maxi 100 e varios singles (A herdanza do vento, Non é verán de Estrella Damm e Esmorga Inferno), agora presentamos Pólvora e tormenta: un traballo no que establecemos un paralelismo entre a actualidade e os Estados Unidos dos anos 30, asolados pola crise e polo Dust Bowl. Nel tamén facemos unha homenaxe á voz dos cantautores antifascistas, que transmitiron a rabia e a loita dun pobo sumido na fame e na miseria.

Novas letras, novos ritmos e novas ideas, sempre sen esquecer esas tres palabras que nos acompañan dende o comezo: dignidade, solidariedade e humildade.

Detalles

Fecha:
15 de marzo, 2019
Hora:
22:00
Categoría del Evento:

Local

Club Clavicémbalo
Rúa dos Paxariños, 23
Lugo, Lugo 27002 Spain
Teléfono:
982 24 32 70
Web:
http://www.clavicembalo.com/es/
X