
- Este evento ha pasado.
Concerto de High Paw na Casa do Saber, no Lubicán Íntimo
4 de abril, 2019 - 21:00

Concerto de High Paw na Casa do Saber, no Lubicán Íntimo
A música reggae e a fascinante voz da viguesa High Paw soarán este xoves na Casa do Saber no marco do ‘Lubicán íntimo’.
A viguesa Paula Herrero, coñecida no panorama artísica coo High Paw, presentará este xoves no auditorio da Casa do Saber de Lugo a súa música reggae, no marco dunha actuación na que estará acompañada por Nahno Selekath e Laura Mercy e que se encadra no ‘Lubicán íntimo’, un ciclo complementario do Lubicán, promovido tamén ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.
O concerto da viguesa High Paw comezará ás 21.00 horas. A entrada é libre e de balde para todo o público interesado ata completar o aforo.