lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto de Inés Moreno no Lugo Cultural

23 de marzo, 2020 - 20:00

Cartel de "Músicas a carón da Mosqueira" - Lugo Cultural

Concerto de Inés Moreno, clave, no Lugo Cultural

23 de marzo – Casa do Saber – 20:00

Dentro da programación de «Músicas a carón da Mosqueira»

Inés Moreno Uncilla

Nace en Madrid (España) en 1995.

Coa idade de 8 anos, comeza os seus estudos de clave en San Lorenzo del Escorial con Denise de La-Herrán e máis tarde con Jordan Fumadó, terminando en 2013 con Matrícula de Honor.

Coa idade de 17 anos trasládase a Suíza, onde é aceptada na prestixiosa Schola Cantorum Basiliensis en Basilea na clase de Andrea Marcon para realizar os seus estudos superiores. Finaliza a carreira en 2016 con máximas cualificacións.

En xuño de 2018 termina o seu primeiro Máster, en Pedagoxía, coa especialidade en clave baixo a ensinanza de Andrea Marcon e Jörg-Andreas Bötticher, de novo con Matrícula de Honor. En setembro do mesmo ano comeza o seu segundo Máster, en Interpretación, na mesma institución.

Participou en clases maxistrais de clave con Olivier Baumont, Jacques Ogg, Ferdinando Tagliavini, Jean-Marc Aymes e Bertrand Cuiller.

Gañou o primeiro premio da primeira edición do Concurso de Música Antigua, na 92ª edición do concurso permanente de Juventudes Musicales de España en 2018.

Gañou tamén o primeiro premio na Competición ORDA (Ámsterdam) na categoría de música de cámara en 2012 e foi finalista na XXI Johann-Sebastian-Bach-Competition en 2018 (Leipzig).

Pertence ao grupo Vivalma Ensemble co cal tocou na Fundación Juan March en 2017, e en 2018 participou na XXXI Edición de Clásicos en Verano e tamén forma parte do grupo I Discordanti, un dos catro grupos seleccionados para representar a Schola Cantorum Basiliensis (Basilea, Suíza) no VierJahreszeiten Project 2015 (Proxecto das Catro Estacións 2015) tocando en Schloss Waldegg Solothurn (Suíza).

A nominación ao proxecto Eeemerging 2016 (Ambronay – Francia) está entre as súas actividades máis recentes como músico de grupo. Tocaron en Italia (Pavía), Alemaña (Göttingen/Duderstadt) e Francia (Eeemerging Festival 2016 en Ambronay). Participaron tamén no XXVIII Festival Internacional de Arte Sacro en Madrid (España) en 2018.
Como correpetidora, formou parte da xa citada Academia Europea Barroca de Ambronay en 2017, dirixida por Paul Agnew, nunha xira europea: Pavía, Brezice, Anveres, Sarrebourg, Castell de Peralada, Saint- Galmier, Saintes, Labeaume, Lacoste, Lisboa e Xenebra.
Co mesmo papel de correpetición participou na GénérationBaroque2017 dirixida por Martin Gester, en Sarrebourg, Endingen, Estrasburgo e Andlau.

Ver programación completa do Lugo Cultural

Detalles

Fecha:
23 de marzo, 2020
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
X