
- Este evento ha pasado.
Concerto de Kee Avil
21 de mayo - 20:30

O ciclo Liberdades Sonoras, que regresa despois de dous anos de parón obrigado debido á pandemia, abrirase o sábado 21 de maio co concerto de Kee Avil, proxecto da artista multidisciplinar Vicky Mettler e unha das apostas do prestixioso selo canadense
Constellation.
O concerto será a presentación, por primeira vez en Europa, do seu álbum debut, Crease. A canadense combina guitarra, voz, electroacústicas e electrónica cunha gran exploración das diferentes arquitecturas compositivas para crear cancións dunha gran sensibilidade estrutural, con detalles crecentes e intensos.