
- Este evento ha pasado.
Concerto de LOS SARA FONTÁN
24 de julio, 2021 - 13:00

Concerto de LOS SARA FONTÁN dentro do ciclo EXPERIMENTA
Sábado 24 de xullo – 13h. Xardíns do Museo Provincial:
LOS SARA FONTÁN (Calonge, Catalunya – emoción experimental e enerxía polirrítimica)
Para pechar esta segunda edición do Experimenta II, o sábado 24 de xullo, contaremos cun dos dúos máis intensos e sorprendentes do momento. Misturando a emoción experimental de Sara Fontán (moito máis que violinista) coa enerxía polirrítmica de Edi Pou (batería e 50% de Za!) brotan LOS SARA FONTÁN.
Sen discos nos petos, Los Sara Fontán só fan unha cousa e fana moi ben: “o directo”. Sempre en constante transformación, nunca escoitaremos dúas pezas iguais, pois, as súas execucións adáptanse aos espazos nos que actúan.
Gústannos especialmente este dueto porque fala o noso idioma, pois abre a música a múltiples disciplinas, á danza (Los Sara Fontan & Sonia Gómez), á poesía (Los Sara Fontan & Blancallum Vidal) ou mesmo ao audiovisual (BSO de ‘Magaluf Ghost Town).
En tres anos de traxectoria como dueto, LOS SARA FONTÁN xiraron por España, Portugal, Francia, Suiza e Alemaña, incluíndo festivais internacionais (One Of A Million, BAM, AMFest, Sound Isidro, Eufònic, Alhambra Jazz) e templos do Do−It−Yourself (desde o Liceo Mutante ao Kastanienkeller de Berlín).
Sara Fontán, quen agardou 25 anos para porse ao fronte dun proxecto co seu nome, trala experimentación do uso do violín en diferentes formatos e estilos (na electrónica, con Árbol; na videodanza con PIÑA, na improvisación libre coa Orquesta del Caballo Ganador e no pop con Manos de Topo), usa o violín como punto de partida para chegar a calquera textura e invocar calquera estado emocional. Ao seu carón, Edi Pou (mitade de ZA!, referentes do underground europeo) asume o reto de “converter a percusión en melodía y tensar a dinámica do minúsculo ao épico”.