lunes, octubre 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto de Luis Alejandro García, guitarra, no Lugo Cultural

13 de abril, 2020 - 20:00

Cartel de "Músicas a carón da Mosqueira" - Lugo Cultural
Concerto de Luis Alejandro García, guitarra, no Lugo Cultural

13 de abril – Casa do Saber – 20:00

Dentro da programación de «Músicas a carón da Mosqueira»

Luis Alejandro García, guitarra

Con máis de 20 premios nacionais e internacionais no seu haber, Luis Alejandro García (Tenerife, 1993) é un dos guitarristas españois máis laureados da súa xeración. Alzouse con primeiros premios en certames como o XVIII Concurso “José Tomás – Villa de Petrer” (2019), Premio do Público no XXIII Festival Internacional de Guitarra de Coria (2019), 47 Concurso Internacional de Guitarra “Fernando Sor” (Madrid, 2019) …

Deu concertos e impartiu clases maxistrais por gran parte da xeografía española, Alemaña, Austria, Andorra, Chile, Arxentina ou Estados Unidos, e colaborou con diferentes orquestras, como a OST ou a OSLP.

En 2018 publicou o seu primeiro CD, Lazos sobre el Atlántico, producido polo selo JSM Guitar Records, e actualmente traballa na súa segunda gravación para o seu lanzamento en 2020.

É compoñente de Canary Guitar Quartet, co que foi premiado internacionalmente, ademais de publicar o seu primeiro traballo discográfico, 21.

É titulado en Guitarra polo CSMC con Matrícula de Honor, así como en Musicoloxía co Premio Extraordinario de Fin de Carreira.

Formouse con diversos profesores de nivel internacional como Leo Brouwer, David Russell, Zoran Dukic ou Marco Tamayo.

En 2017 completou os seus estudos de máster con matrícula de honor na Esmuc de Barcelona, baixo a tu de Àlex Garrobé.

En continuo crecemento, a súa carreira levarao a debutar como solista en espazos tan insignes como o Palau de la Música Catalana (outubro 2019) ou no Teatro Monumental (abril 2020), xunto á Orquestra e Coro de Radiotelevisión Española, amais de a xiras por diferentes lugares de España, Estados Unidos, Brasil, México ou Arxentina.

Así mesmo, foi elixido como artista EuroStrings 2019-2020, razón pola que será invitado a numerosos festivais de guitarra en toda Europa.

Ver programación completa do Lugo Cultural

Detalles

Fecha:
13 de abril, 2020
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
X