jueves, junio 30, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto de Mario Mora

21 de mayo, 2018 - 20:00

Gratuito

MARIO MORA (Piano) dentro do ciclo ‘Músicas a Carón da Mosqueira’ Ciclo que impulsa a novos creadores e intérpretes dentro da música clásica.

O repertorio do concerto inclúe obras de grandes compositores como o son Schubert, Albéniz e Liszt.

Entrada gratuita ata completar capacidade

Nacido en Cuenca en novembro de 1989, Mario Mora comezou aos oito anos os seus estudos musicais na especialidade de piano no Conservatorio Profesional de Música de Cuenca, para logo realizar numerosos cursos de perfeccionamento en España, Francia, Austria e Italia con prestixiosas personalidades do piano.

Na súa aínda curta traxectoria como pianista, Mario Mora ten colleitado non poucos recoñecementos no panorama nacional e internacional. En 2013 finalizou os seus estudos de Master na Royal Academy of Music de Londres con matrícula de honra e Premio Extraordinario ao mellor recital fin de máster, baixo a tutela do profesor Pascal Nemirovski e co patrocinio de Krein Scholarship e Santander Universities UK. Antes diso, licenciouse tamén con matrícula de honra nas especialidades de Piano e Pedagoxía do Piano no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.

Gañador do Premio Kawai no prestixioso Concurso Internacional Premio Iturbi 2015 de Valencia, Mario foi tamén gañador nos Premios Making Music para Novos Concertistas 2013 en Inglaterra, ademais de obter o Primeiro Premio no Concurso Permanente de Mocidades Musicais de España, Girona (2012), o Primeiro Premio no III Concurso Internacional de Piano de Lagny, Francia (2011) e o Primeiro Premio no XV Concurso de Piano Loewe-Hazen ‘Infanta Cristina’, Madrid (2010). Antes destes, foi galardoado con máis doutros de trinta premios nacionais e internacionais.

Logo de debutar con tan só 15 anos como solista coa Nova Orquestra de Cuenca, Mora interpretou diversos concertos e recitais en Austria, Francia, Italia, ademais de en numerosas cidades españolas, participando como convidado en diversos actos e na gravación de varios CDs.

Detalles

Fecha:
21 de mayo, 2018
Hora:
20:00
Precio:
Gratuito
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
X