
- Este evento ha pasado.
Concerto de Mdou Moctar
17 de marzo, 2018 - 20:00
Gratuito
Folk eléctrico con aromas do Sahara, guitarras psicodélicas e autotune caracterizan a enigmática figura do guitarrista tuareg Mdou Moctar, un dos escasos compositores tuareg disposto a experimentar e traspasar os límites da tradición, levándoa a novos límites melódicos e interpretativos.
Moctar representa o carisma da nova música do Níxer. Pioneiro, gravou o seu primeiro disco, “Anar”, en Sokoto, Nixeria, en 2008. Aínda que non chegou a ser publicado ata seis anos despois, as súas cancións se viralizaron rapidamente a través das redes de intercambio de música en teléfonos móbiles do Norte de África, e alcanzaron unha audiencia global cando a discográfica estadounidense Sahel Sounds incluíunos no recompilatorio “Music from Saharan Cellphones”. Actualmente, con catro discos e varios sencillos ás súas costas, Mdou Moctar protagonizou a primeira película en lingua tuareg da historia, e as súas cancións son versioneadas alén do Atlántico.
As cancións do seu novo disco, «Akounak Teggdalit Taha Tazoughai”, cantadas en idioma tamasheq, narran as tribulacións dun mozo músico na bulliciosa cidade de Agadez, centro neurálxico da rexión tuareg, a lombos dunha motocicleta morada, en clara referencia a Prince e á película ‘The Harder They Come’ de Jimmy Cliff.
Entrada libre ata completar aforo.
Parte do ciclo #LiberdadesSonoras
Organiza WORK ON SUNDAY e CLAP Club Lúdico de Arte y Patafísica
Coa colaboración de Cultura e Turismo de Lugo