lunes, octubre 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto de Pedro Lamas, Jacobo de Miguel e X.L. Romero

31 de marzo, 2018 - 23:00

Gratuito

‘Azougue’ é o primeiro traballo discográfico de Pedro Lamas, Jacobo de Miguel e Xosé Lois
Romero, un proxecto no que conflúen as traxectorias persoais destes recoñecidos artistas para
conformar unha nova identidade que leva o selo de autor.

Lamas e De Miguel veñen colaborando xuntos desde hai máis dunha década pero é neste
momento cando dan o paso e afrontan o seu primeiro rexistro, unha gravación ao vivo para a
que contan coa colaboración de Romero nas percusións.

O traballo recolle dez composicións de Lamas e De Miguel que xorden da súa colaboración ao longo destes anos e que toman como punto de partida a música tradicional. Neste traballo Lamas interpreta os saxos soprano e barítono, a gaita, a dulzaina, a accordina, as percusións, e De Miguel o piano. O resultado é unha música que degustar pausado, dez cortes nos que o tempo se detén e nos convida a atopar o noso propio espazo nuns tempos vertixinosos

Detalles

Fecha:
31 de marzo, 2018
Hora:
23:00
Precio:
Gratuito
Categoría del Evento:

Local

La Cosechera
Rua Irmáns Vilar Ponte
Lugo, 27002
Teléfono:
982 24 34 57
Web:
https://www.facebook.com/La-cosechera-eventos-149155895673831/
X