
- Este evento ha pasado.
Concerto de STRANGE MYSTERY FLOWER
24 de julio, 2021 - 12:00

Concerto de STRANGE MYSTERY FLOWER dentro do ciclo Experimenta
Sábado 24 de xullo – 12h. Xardíns do Museo Provincial:
STRANGE MYSTERY FLOWER(Ferrol – espectáculo poético-musical multidisciplinar)
Dúo formado polos irmáns Rogelio (Roger de Flor) e Amparo Arias, ferroláns, aínda que para este proxecto gravaron tamén co guitarrista/arranxista Raúl Diz, a cellista Macarena Montesinos ou o contrabaixista Íñigo Azurmendi e poderían acompañalos, algúns deles, en directo.
No seu directo desfutaremos dun espectáculo poético−musical multidisciplinar que en pouco máis dunha hora percorre o imaxinario poético de William Blake, a través destas xoias de pop atemporal de dous/tres minutos, algún que outro poema recitado.
«Todo comezou durante unha viaxe fascinante polo norte de Italia hai cinco anos, onde Roger descobre unha misteriosa relación cos poemas de William Blake. Eses escritos místicos e visionarios espertan o desexo do músico de compoñer melodías e cantalas. Así é como se orixina SMF; e baixo este pseudónimo decídese a gravar dez desas cancións xurdidas durante a viaxe».