lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto de Tango en Xan3iro

10 de marzo, 2018 - 20:30

O "MusicAD" trae música tradicional e folk de primeiro nivel a Lugo en marzo

Actuación de Tango en Xan3iro, que está formado por: Marisa Dapereira no acordeón, Patricia Coucheiro na voz, Xosé Ramón Saborido no clarinete baixo e Bruno Villamor na zanfona, gaita e requinta. Catro fontes de harmonía que conflúen case por casualidade no Berce do Miño dan lugar a Tango en Xan3iro, a finais do ano 2015. Unha zanfona, un clarinete baixo e un acordeón con raiolas de gaita e voz, dan a súa particular lectura de melodías tradicionais facéndoas propias, e interpretan melodías propias achegándoas ao tradicional.

As entradas, que son totalmente gratuítas, poderanse recoller na propia Capela de Santa María a partir do domingo anterior a cada concerto e días seguintes ata esgotar existencias.

Dentro do MusicAD, a nova programación musical que ofrece o Goberno Provincial de impulso da música folk

Detalles

Fecha:
10 de marzo, 2018
Hora:
20:30
Categoría del Evento:
Web:
http://vivalugo.es/musica/o-musicad-trae-musica-tradicional-e-folk-de-primeiro-nivel-a-lugo-en-marzo/

Local

Sala de exposicións da Capela de Santa María
Ronda da Muralla, 140
Lugo, Lugo 27004
+ Google Map
Teléfono:
982 21 00 66
Web:
centrad.org
X