
- Este evento ha pasado.
Concerto de Uxía no Vello Cárcere de Lugo
22 de febrero, 2019 - 19:00

Uxía presenta por primeira vez en Lugo o seu premiado traballo musicando a Uxío Novoneyra, UXÍA-O, Premio Da Musica Independente, Candidato ao Mellor Deseño Gráfico, Triple Premio da Música de Raiz.
“UXÍA-O” é unha particular homenaxe a Uxío Novoneyra na que viste de música ao poeta do Courel con 16 cancións onde ecoa a muiñeira, o ragtime, os alalás e o reggae.
“A poesía de Uxío ten un ritmo interno que a fai moi adecuada para ser cantada”, sostén Uxía, que decidiu colaborar de novo co multi-instrumentista brasileño Sérgio Tannus “para que esta visión fose a máis actual e universal posíbel, colocando o acento na contemporaneidade e musicalidade da obra de Novoneyra”.
Nun encontro previo co público, a partir das 19:00, os artistas e xestores culturais relacionados co proxecto contarán a experiencia na que devalou este artefacto artístico
Entrada libre ata completar a cabida