martes, octubre 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto de voz e piano, Julia Martínez + Andrés Martínez

2 de abril, 2018 - 20:00

Gratuito

A intérprete luguesa Julia Martínez, acompañada do pianista Andrés Martínez, ofrecerá un concerto de voz e piano no auditorio da Casa do Saber, no marco do ciclo ‘Na calzada’, unha iniciativa complementaria do programa de cámara ‘Músicas a carón da Mosqueira’ e a través da que se pretende achegar ao público lugués as creación de intérpretes e compositores que están a ampliar a súa formación alén de Lugo.

O canto clásico e a ópera namoraron xa desde moi nova á intérprete luguesa Julia Martínez, quen, logo de comezar os estudos do Grao Profesional de Canto no Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo, mudouse á capital británica para a cursar o treito final da súa carreira musical como mezzosoprano na Royal Academic of Music de Londres.

Na súa aventura británica, Julia Martínez embarcouse primeiro na Guildhall School of Music & Drama, con clases de canto e piano. Xa con 19 anos, este nova intérprete ingresou na Royal Academy of Music, para comezar cos estudos do Grao Superior, xunto con estudantes de todos los países.

A entrada é libre e de balde ata completar o aforo, do mesmo xeito que todas as actividades programadas ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial de Lugo e Concello de Lugo.

Detalles

Fecha:
2 de abril, 2018
Hora:
20:00
Precio:
Gratuito
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
X