sábado, julio 2, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto do Trío Castelao

25 de mayo - 20:30

Concerto do Trío Castelao – Sons de xuventude

Dentro do Festival de Música Cidade de Lugo, XLIX Semana de Música do Corpus

Mércores, 25 de maio de 2022 – Círculo das Artes de Lugo, 20:30 h

Entrada libre ata esgotar a cabida

TRIO CASTELAO

 Esta proposta está dirixida pola violista Inés Picado Morales, o violinista Pedro Rodríguez Rodríguez e o violonchelista Raúl Mirás López.

Os tres pertencen á xeración de músicos galegos que, iniciada a súa andaina musical dentro da OJSG, puideron formarse en centros de elite a nivel internacional: Escuela Superior de Música Reina Sofía, Musikene e ESMUC (España), Hochschule für Musik und. Theatre München e Hochschule für Musik Rostock (Alemaña), Musik-Akademie Basel, Conservatorio della Svizzera Italiana (Suíza), Indiana University Jacobs School of Music e Curtis Institute of Music (Estados Unidos).

Ao longo da súa ampla formación, os tres compoñentes contaron co apoio inestimable de importantes institucións como a Fundación Pedro Barrié de la Maza, a Fundación Alexander von Humboldt, a Deputación da Coruña, Fulbright España, a Universidade de Indiana, a Fundación Inditex e a La Caixa, entre outras axudas, que lles permitiu acadar o máximo nivel e continuar a súa traxectoria profesional formando parte de entidades como a Orquestra Sinfónica de Tenerife ou o premiado Cuarteto Vera nos Estados Unidos.

Así, tras esta dilatada traxectoria fóra da comunidade galega, os tres membros volvéronse reunir para formar o Trío Castelao, co que albergan o soño de poder compartir a súa formación e experiencia coa súa xente, aquí na súa terra, Galicia.

Detalles

Fecha:
25 de mayo
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

Círculo das Artes
Praza Maior, 23
Lugo, Lugo 27001 Spain
+ Google Map
Teléfono:
982 225 051
Web:
http://www.circulodelasartes.org/web/es/portada/
X