martes, octubre 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto: Gustavo Almeida en Lugo

16 de marzo, 2019 - 20:30

gustavo-almeida

Presentación do seu cuarto disco

Un álbum gravado en Valencia, baixo a dirección de Nacho Mañó, recoñecido produtor de artistas como Alejandro Sanz, Nena Pastori, Presuntos Implicados, entre outros…

Este disco supón un importante paso na carreira de Gustavo Almeida, tanto pola solidez do repertorio, como pola excelencia da gravación.

Gustavo, ademais de pola súa guitarra, estará acompañado por batería, percusión, baixo, teclado, guitarra acústica, guitarra eléctrica, metais e coros. Un formato que permite respectar ao 100% a sonoridade do disco, coa dinámica e a versatilidade moi características de Gustavo Almeida.

O importe das entradas é de 10 euros en zona A e 8 euros en zona B. Existe desconto do 20% para persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e actores e actrices asociados á Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). As entradas poderán mercarse a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo, ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

escenicas

Actividade enmarcada na programación de Artes Escénicas do Concello para o primeiro semestre do ano.

 

Detalles

Fecha:
16 de marzo, 2019
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05
X