miércoles, octubre 5, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto: Jack Broadbent

28 de octubre, 2018 - 19:00

ENTRADAS ESGOTADAS

O británico Jack Broadbent é un dos guitarristas máis aclamados na actualidade. Chama a atención pola súa peculiar técnica ao tocar, sacándolle sons á súa guitarra usando unha petaca de whisky vacía. Con gran capacidade de comunicar, a súa forma de transmitir, a súa enerxía e a súa actitude auténtica converteuse en bluesman. En pouco tempo pasou de tocar na rúa a ser reclamado para actuar en importantes festivais de América, Europa, Xapón ou Australia. Broadbent, ao que lle é suficiente coa súa voz e a súa guitarra, á que lle chama Marilyn, conta con 4 discos ás súas espaldas e con concertos con entradas agotadas por medio mundo.

A entrada é totalmente gratuíta ata completar aforo. ENTRADAS: a recoller no Vello Cárcere desde xa 😉

ACTUALIZACIÓN 22/10 “O concerto arrincará ás 19:00 horas. Aínda que o acceso á actuación é de balde, é preciso retirar invitación, dado que o aforo do centro sociocultural é limitado. A propia promotora do evento, Sweet Nocturna, puxo 100 entradas a disposición do público a través da plataforma electrónica Ataquilla.com, que xa están agotadas. Das que dispón o Concello, ao redor dunhas 140, aínda quedan entradas dispoñibles. As persoas interesadas poden retiralas no Vello Cárcere, no horario habitual do centro: de luns a domingo de 11:00 a 14:00 horas en xornada de mañá, martes, mércores e domingo de 17:00 a 20:30 en xornada de tarde; e xoves, vernes e sábado, de 17:00 a 22:30 horas en quenda de tarde. “

 

Detalles

Fecha:
28 de octubre, 2018
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
Teléfono:
982 29 71 95
X