domingo, julio 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto: Los Afectos Diversos & Oniria

22 de mayo, 2018 - 20:30

XLVI Semana de Música do Corpus – Festival Cidade de Lugo

Programa:
C. Monteverdi (1567 – 1643)

Messa a cuatro voci da capella, SV 190 (1650)
Heinrich Schütz (1585-1672)

De Kleine geistliche Konzerte, op. 8 (1636/39), Psalmen Davidis (1619)
O Süsser, O Freundlicher (KGK), tenor e BC

Aus der Tiefe (PD), dobre coro

Wohl dem, der Herrn fürchtet (PD), dobre coro

Bringt her den Herren (KGK), alto e BC

Lobe dem Herrn, meine Seele (PD), dobre coro

Herr, Ich hoffe darauf (KGK), dúas sopranos e BC

Nicht uns Herr, sondern deinen Namen (PD), triplo coro

Los Afectos Diversos
Proxecto persoal do seu director Nacho Rodríguez, Los Afectos Diversos nace en 2010 cunha exitosa produción en Noruega das Vésperas de 1610 de Monteverdi. O seu obxectivo é ofrecer unha visión da polifonía renacentista e do primeiro barroco, tanto sacra como profana, baseada na aproximación expresiva a esta música por medio dun coidado traballo sobre o texto e a riqueza retórica implícita na música en si, nunha intensa busca da riqueza de cores e afectos inherente ao repertorio, xunto a un especial coidado pola aportación instrumental, tan importante no período e ás veces esquecida. Todo isto fuxindo por igual do frío academicismo e dos excesos ou gratuidades, tratando de combinar rigor e imaxinación. Obtéñense así unhas interpretacións intensas e directamente emotivas, plenas en profundidade e sen embargo frescas. Premio GEMA ao Mellor Grupo 2015 na categoría de Renacemento, presenta en decembro de 2016 unha gravación monográfica para o selo iTinerant Early en torno á figura de Juan Vásquez e á súa publicación profana de 1560, nunha nova edición dende os orixinais, que obtivo os premios da prensa especializada. Este traballo discográfico foi precedido por outro sobre os glosados de Cabezón e os seus modelos vocais, en colaboración coa teclista e arpista histórica Laura Puerto, e está pendente de próxima publicación unha nova gravación sobre a figura de Victoria.

Oniria
Premio da Akademia Music Award de Estados Unidos de América no apartado de Mellor vídeo de música clásica; candidatos aos premios da asociación Española de Grupos de Música Antiga – GEMA en varias edicións nas categorías de Mellor Grupo Renacentista, Mellor Produtor-Xerente (Caroline Astwood), e mellor Director e Investigador (Daniel Anarte), e seleccionados na fase final do V Concurso Internacional de Música Antiga de Xixón. ONIRIA é un conxunto de música histórica que participou nalgúns dos ciclos especializados en música antiga máis recoñecidos do panorama: Sevilla – FeMÀS, Festivais de música antiga de Soto del Real e de Xetafe (ambos os dous en Madrid), Ciclo de música das tres culturas de Córdoba, Festival de música antiga de Málaga, Ciclo de música sacra de Ávila, Festival de Música Antiga Mare Musicum de Roquetas de Mar (Almería), actos institucionais do VI centenario da toma da cidade de Antequera, Ciclo de Música da fundación Unicaja en Cádiz, Festival Internacional de Música Antiga de Xixón, Ciclo de música sacra de Ronda, no ciclo Cultura en rede de Guadalaxara, no ciclo de música sacra Maestro de la Roza de Oviedo, na clausura da exposición Atémpora da catedral de Sigüenza ou no International Trombone Festival – ITF, no Museo Pío V de Valencia entre outros con grande éxito de público e crítica. En 2011 ONIRIA publica o seu primeiro CD Trébol Musical de Cuatro Hojas (RMS 0032) dedicado á música para conxuntos con sacabuche contida nos tratados musicais do compositor Georg Daniel Speer (1636-1707) inédito ata entón. Producido polo director de ONIRIA Daniel Anarte, o CD presentouse no Teatro Echegaray de Málaga en 2011, estando distribuído por Discmedi Bleu.

Detalles

Fecha:
22 de mayo, 2018
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

Círculo das Artes
Praza Maior, 23
Lugo, Lugo 27001 Spain
Teléfono:
982 225 051
Web:
http://www.circulodelasartes.org/web/es/portada/
X