
- Este evento ha pasado.
Concerto: Los Nitxos
5 de diciembre, 2018 - 23:00

Los Nitxos – bandcamp – proceden de Vitoria-Gasteiz e se fundan no 2009. Contan cunha Demo (2011), unha aportación a o recopilatorio «Gasteiz dirt capital» (2012), un cd en directo na sala Jimmy Jazz de Vitoria (2013), un ep 12″ do 2014 «Carnalito» e súa última referencia é un cd autoeditado no 2018 «Viven!!».
Fan un post punk escuro, cunha base ritmica muy compacta e repetitiva a base de liñas de baixo deudoras do sonido británico de fináis dos 70 e comezos dos 80, con baterías moi cavernícolas e garaxeiras na onda dos Cramps. A guitarra é moi afiada e rasgada, moi ameazante ao igual que a voz que en ocasións emprega efectos que lle dan un ambiente moi de ultratumba. Por último o papel que emprega o sintetizador é fundamental para ambientar dun xeito sinistro e desacougante as cancións, as veces maquináis, ás veces sucias e prohibidas.
Influenzas: The Cramps, Grinderman, Dirtbombs, Jon Spencer, Baby Woodrose, Alan Vega, Alien Sex Fiend, Love & Rockets, The Fall, Kraftwerk, Neu!, Sonic Youth, The Walk On By, My Bloody Valentine o Th’Faith Healers.