Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto: Luar na Lubre

14 de diciembre, 2018 - 21:00

Luar Na Lubre, unha das bandas de referencia da música folk do noso país, está a piques de publicar novo disco, e está dedicado á Ribeira Sacra.

Este novo traballo inclúe 26 temas que proveñen de composicións propias, música tradicional e melodías que en palabras de Bieito Romero:  é a primeira vez que se fai un disco destas características para potenciar e difundir a Ribeira Sacra a través da música, un territorio que é desde sempre patrimonio da humanidade, aínda que oficialmente aínda non, e a nosa idea é poder falar coa grandeza da Ribeira Sacra, potenciándoa a través da música

“Fomos polas aldeas a falar coa xente, recollemos sons de vento, carros, campás, e tamén imaxes de nevaradas, amenceres…, de tal xeito que neste traballo mestúrase a música co ambiente da Ribeira Sacra”. A súa pretensión, remata, “foi acadar unha banda sonora humana e natural”.

O traballo discográfico recolle tamén nas letras feitos e personaxes históricos, como “Romasanta”, e de lenda, como os “Felos de Maceda e Esgos”, de fonda tradición etnográfica no entroido, ademais de textos en “Barallete”, a linguaxe dos afiadores.

Ribeira Sacra conta con ducias de colaboradores que achegan o seu grao de area ás 26 cancións deste disco: desde Víctor Manuel ata SES, pasando pola Coral de Ruada, Nani García, a asturiana Marisa Valle Roso, Juan A. Antepazo de Astarot, Irma Macías Suárez, Brais Maceiras, entre outros moitos.

ENTRADAS – Ataquilla- 

Detalles

Fecha:
14 de diciembre, 2018
Hora:
21:00
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05