lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto: María Mendoza e Nate Borrajo

10 de mayo, 2018 - 20:30

A pianista e compositora María Mendoza, acompañada da actriz Nate Borrajo, presentará este xoves, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o espectáculo ‘Nova’, no marco dos ‘Xoves de Moda’, un ciclo incluído como complemento do Lubicán 2018, un programa a prol da difusión e posta en valor da arte galega e feita por galegos, promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.

O espectáculo ‘Nova’ responde á fusión nunha entrega da presentación en directo dos discos Nova e Intro, de María Mendoza. Os dous traballos musicais teñen a peculiaridade de estar divididos en bloques: ‘Contemporánea’, que inclúe temas de inspiración cinematográfica e minimalista; ‘Tradicional’, baseado en melodías populares da zona de Avión (Ourense), e ‘Electroacústico’, un apartado no que mestura as sonoridades do piano e do saxo barítono con sintetizadores para recrear unha atmosfera solitaria e espacial.

A actriz Nate Borrajo acompaña neste espectáculo ao público a través dunha viaxe espacial imaxinaria polo universo sonoro creado pola sonoridade e as melodías que interpretará ao vivo a compositora e pianista María Mendoza. A entrada para presenciar este espectáculo é libre e de balde para todo o público, como todas as actividades programadas ao abeiro do convenio Lugo Cultural.

Detalles

Fecha:
10 de mayo, 2018
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
X