miércoles, julio 6, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto: Pablo Rega + Andres Lewin-Richter

5 de mayo, 2018 - 20:30

ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO

ANDRES LEWIN-RICHTER

RSF (2014)

A unidade RSF de Phonos está constituída por dous módulos Expander-Kobol e dous Expander II e é das poucas unidades analóxicas controladas por voltaxe aínda en uso de Phonos, especialmente utilizado por Perfecto Herrera en sesións pedagóxicas tanto para alumnos de ESMUC como UPF. Para facer esta peza Perfecto Herrera gravou dúas longas sesións de xeración de sons, apoiados por un KORG MS-20 (que principalmente subministrou tensións de control) e algúns efectos de transformación. A partir destas sesións seleccionáronse 362 mostras (mono e estéreo) que pola súa vez se subdividiron, co obxecto de crear mostras dunha duración máxima de 30 segundos, co que se estableceron un total de 615 mostras. Delas só se utilizaron 206 o máis diferenciadas posible, distribuídas de forma bastante aleatoria en tres pistas estéreo e catro pistas mono para crear unha textura, pero vixiando as intensidades totais e as densidades do material das pistas mono co fin de crear unha especie de contrapunto solista sobre uns fondos das pistas estéreo.

FREESOUND WOOD (2017)

Chegou o momento que a base de sons freesound.org é un repositorio riquísimo de experiencias e gravacións de moi alto nivel. Tan só baixo a acepción “wood” (madeira) hai 6724 mostras entre as cales seleccionei un centenar e tras un estudo das mostras extraín una serie de fragmentos que constitúen a presente obra. Nela non hai procesos de transformación, tan só situacións de polifonía a 4 canles.

CONCERTO / PABLO REGA

APEIRON é unha peza para guitarra preparada e electrónica, de dubidoso resultado e poeticamente cuestionable.

Detalles

Fecha:
5 de mayo, 2018
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
X